Gabri Veiga é o xogador ‘Estrela Galicia’ da tempada ao conseguir catro veces este galardón. O futbolista de Porriño foi o máis votado pola afección do RC Celta tras un ano onde guio o xogo ofensivo dos celestes. O 24 pecha unha tempada para o recordo co galardón máis prestixioso de ‘Estrela Galicia’. Gabri Veiga recibiu o trofeo na previa do partido do RC Celta #ante o FC Barcelona que concluíu coa salvación do club e a disputa de 12ª tempada consecutiva na liga Santander.

Centenario