Gabri Veiga foi distinguido co XIII Trofeo Manuel de Castro by ‘Estrela Galicia 2023’. Este destacado recoñecemento, outorgado a través dunha votación conxunta na que participan o primeiro equipo, a prensa e a afección, desígnao como o mellor xogador do RC Celta do ano 2023 escoltado por Iago Aspas e Jørgen Strand Larsen.
Esta distinción premia o brillante desempeño ao longo do pasado ano do centrocampista galego, que deixou unha marca indeleble na historia do club segundo a valoración unánime da comunidade celtista. Once goles e catro asistencias en 39 partidos foron os números do canteirán na tempada 22/23 que, unidos ao seu compromiso e esforzo en cada partido, permitíronlle gañar este merecido premio. Parabén, Gabri!
O XIII Trofeo Manuel de Castro será entregado en próximas datas de formas presencial ao xogador na seguinte visita que realice á cidade olívica.