O deseñador Florentino Cacheda tomou medidas esta tarde a xogadores e corpo técnico
FLORENTINO, firma galega de referencia en moda para home, fundada en 1970 polo deseñador e empresario Florentino Cacheda, estrea a tempada de Outono – Inverno 2013/14 coa continuidade da colaboración co Real Club Celta de Vigo. Florentino vestirá de maneira ofcial aos xogadores, corpo técnico e directivos do equipo celeste.
Esta tarde os futbolistas e técnicos do Celta acudiron á tenda da firma na R/Príncipe, 8 de Vigo, para que Florentino Cacheda en persoa e o seu equipo tomasen as medidas ao plantel co fin de comezar a crear e confeccionar os novos traxes, cos que o equipo acudirá aos partidos da presente tempada e aos actos e compromisos oficiais do club.
Desta maneira se confirma a vinculación entre FLORENTINO e o R.C. Celta, que xa luciu de maneira oficial durante varias tempadas e en diferentes épocas a moda da firma galega no seu uniforme de rúa.
Foto: Marta Grande