O director deportivo do RC Celta Felipe Miñambres estivo esta semana de viaxe en México para coñecer de primeira man o traballo que se realiza na maior e máis lonxeva escola internacional da Fundación Celta, situada na cidade de Campeche.
O directivo aproveitou a súa visita para compartir as súas impresións cos preparadores e cos máis de 250 alumnos que participan semanalmente na escola e que cada ano cultivan maiores éxitos. Ademais os participantes tiveron a oportunidade de asistir a unha charla onde o directivo ofreceu a súa visión sobre o fútbol actual e o traballo na canteira.