O Real Club Celta avanza na súa planificación e dá un importante paso para preparar unha tempada que se presenta apaixonante coa incorporación á Dirección Deportiva de Felipe MIñambres, quen mañá viaxará a Vigo para asinar o seu contrato co club celeste. O Celta disporá desta maneira dun dos máis reputados directores deportivos do fútbol español, avalado por un extraordinario traballo nas últimas tempadas no Rayo Vallecano.
Felipe Miñambres Fernández (Astorga, 29 de abril de 1965) é un gran coñecedor do mundo do fútbol nas súas distintas facetas, as de xogador, adestrador e directivo.
Como futbolista despuntou no Real Sporting de Gijón e o CD Tenerife, ademais de na Selección Española, coa que disputou o Mundial de Estados Unidos. Como adestrador, dirixiu, entre outros clubs, a Hércules, Salamanca e Raio Vallecano. Desde o ano 2007 ocupou o cargo de director deportivo do Rayo Vallecano, club co que conseguiu un ascenso e un oitavo posto en Primeira histórico para o conxunto rayista.