Vio Viajes organiza este domingo ‘Cíes Celestes’, unha viaxe as illas con marcado tono céltico
O Celta sortea entre todos os seus seguidores de Twitter dous billetes dobres ás Illas Cíes, onde poderán ser partícipes do evento ‘Cíes Celestes’ que organiza a empresa viguesa Vio Viajes. A visita, cuxo obxectivo é reunir a celtistas que tinguen de cor celeste as illas coas súas camisetas, bufandas… incluirá unha ruta guiada, animación e o sorteo dunha camiseta oficial do club.
Para participar no sorteo, os afeccionados interesados deberán facerse seguidores do Twitter oficial do RC Celta e publicar na súa conta persoal un tweet que inclúa o hashtag #CíesCelestes e no que expliquen qué elemento ou personaxe relacionado có Celta levarían a unha illa deserta. O prazo de participación finaliza este venres ás 12:00 horas. Os dous gañadores anunciaranse nas redes sociais do club.