A xornada deste domingo ofreceu á afección celeste momentos inesquecibles. Ademais da exhibición do equipo e a crucial vitoria ante o Real Valladolid, na memoria do celtismo quedará ancorado a homenaxe do RC Celta a un dos seus ex xogadores e adestradores máis querido: Eusebio Sacristán, primeiro Embaixador do Centenario.
O ex técnico viviu con intensidade as horas previas ao partido ante o equipo da súa terra, pero sen dúbida non esquecerá o agarimo mostrado pola afección celeste cando pisou o céspede de Abanca Balaídos para realizar o saque de honra.
Foi un momento cargado de emoción para Eusebio Sancristán, quen, acompañado polo presidente do club, Carlos Mouriño, accedeu ao campo a través do túnel de vestiarios para recibir unha calorosa ovación do celtismo e reencontrase cun dos xogadores da canteira aos que fixo debutar no primeiro equipo, Hugo Mallo, por aquel entón aínda en idade xuvenil e na actualidade capitán do RC Celta.