Na primeira semana completa de adestramentos tras o parón do Nadal, o RC Celta abre as portas da sesión que terá lugar este venres 5 de xaneiro. Devandito adestramento, que se desenvolverá en Abanca Balaídos ás 11:00 horas, será o preparatorio dos dezaseisavos de Copa, partido que o equipo celeste disputará dous días despois en Urritxe.
Tras a vitoria no primeiro partido do ano fronte ao Real Betis Balompé, non hai mellor agasallo de Reyes que poder gozar desta sesión completa sentindo a calor da afección. O acceso ao recinto deportivo poderase realizar a partir das 10:00 horas pola bancada de Tribuna: da porta 1 á 10, excepto a 6.
Á entrada haberá degustación de chocolate quente e rosca ata fin de existencias para todos os asistentes, perfecto aperitivo para gozar da presentación das categorías inferiores, que empezará ás 10:15 horas, previa ao adestramento do primeiro equipo.
Tras finalizar a sesión preparatoria, realizarase unha entrega de agasallos e un sorteo exclusivo para coñecer aos xogadores entre todos os asistentes que veñan vestidos de celeste, polo que non esquezas traer os teus mellores galas.
Vémonos en Abanca Balaídos, celtistas!
PROGRAMACIÓN
CHOCOLATADA E ROSCA: a partir das 10:00h
PRESENTACIÓN CANTEIRA: ás 10:15h
ADESTRAMENTO: ás 11:00h
SORTEO E AGASALLOS: ao final do adestramento
VEN DE CELESTE!