Canteira e afección son dous dos elementos clave sobre os que se sustenta o RC Celta. O club está a realizar un enorme esforzo para que A Madroa sexa protagonista no primeiro equipo, onde xa hai dez xogadores formados nas categorías inferiores. O outro alierce, a afección, inquebrantable nos malos momentos e soñadora nos bos, ten a oportunidade de impulsar este ilusionante proxecto desde a bancada.
Este venres 19 de xullo conclúe o prazo para que os socios poidan renovar o seu abono e conservar o seu asento no estadio Abanca Balaídos. Despois desa data, a súa localidade quedará a disposición daquelas persoas que si renovasen e queiran cambiar de localización ou para os novos membros da familia celeste que se anotaron na lista de espera, que está preto das 1.500 persoas.
Os primeiros partidos da tempada, en Abanca Balaídos ante Real Madrid e Valencia, son unha importante proba que equipo e afección deben superar unidos. Por iso é importante ver, como tantas e tantas ocasións, un estadio cheo de sangue celeste que empuxe e arroupe aos xogadores. Aqueles socios que non renovasen antes deste venres non terán opción de ir ao encontro ante o conxunto branco pois a segunda fase da campaña de abonados arrinca o 19 de agosto,
Todos aqueles celtistas que aínda non renovasen poden tramitar o seu abono na rede de caixeiros de Abanca en toda Galicia e tamén completar todas as xestións, incluída o financiamento, en istovaidecorazon.com