As entradas para este importante partido, xa á venda na oficina de abonados
O Celta ten este sábado ante o Getafe en Balaídos (18.00 horas) unha oportunidade de ouro para subir de golpe un par de chanzos no seu reto de asegurar a permanencia. O equipo vigués atópase nun bo momento, en especial en Balaídos, onde, arroupado pola afección, acumula xa cinco partidos sen derrotas. Para o complicado choque do sábado, no que se manteñen os prezos habituais, o papel do celtismo será especialmente determinante.
Tras un comezo complicado como local, o Real Club Celta atopou no alento da afección o empuxe necesario para mellorar as súas prestacións en Balaídos, onde xa acumula en Liga cinco encontros consecutivos sen derrotas. Este sábado enfróntase a un esixente rival, o Getafe, que necesita unha reacción inmediata para evitar complicacións.
Unha vez máis, o apoio da bancada será vital para que os celestes manteñan a súa boa serie en casa e obteñan un triunfo de gran importancia, tanto no aspecto anímico como, sobre todo, clasificatorio. Para este partido, o club mantén os prezos habituais, que oscilan entre os 15 e 25 euros na categoría Sub-24 e 25 e 50 euros na de adulto.
As entradas poden adquirise na oficina de abonados do club ata o venres, en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. O sábado os billetes poderán mercarse nos despachos de billetes do estadio desde as 10 da mañá e ata o inicio do choque de maneira ininterrompida. Ademais, as entradas xa están dispoñibles no despacho de billetes virtual, accesible as 24 horas o sete días da semana: www.celtavigo.org/taquillaCelta
|
ENTRADAS |
|
ADULTO |
SUB 24 |
|
TRIBUNA |
50 |
NON DISPOÑIBLE |
RÍO ALTO |
40 |
25 |
RÍO BAIXO |
40 |
25 |
PREFERENCIA |
35 |
15 |
GOL |
25 |
15 |
MARCADOR |
25 |
15 |
FONDO |
NON DISPOÑIBLE |
NON DISPOÑIBLE |