Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-82/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 419

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-82/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 427

Este martes, á venda entradas para os dous partidos de semifinais da Europa League - RC Celta
Hemeroteca celtismo

Este martes, á venda entradas para os dous partidos de semifinais da Europa League

RC Celta

bufandeo260417.jpg

Os abonados celestes poderán reservar desde este martes, a partir das 17.00 horas nas taquillas do Balaídos, entradas para o partido de volta das semifinais da Europa League entre Manchester United e RC Celta, xa que o club celeste recibirá un novo paquete de billetes, neste caso ao prezo de 51 euros.

Cada abonado poderá adquirir unha entrada por carnet ata un máximo de dous e deberá aportar tanto o carnet de abonado como o DNI, de ambos no caso de que solicite dous, xa que serán entradas nominales e nos accesos a Old Trafford será obligatorio mostrar o documento de identidade ou o pasaporte.

Máis entradas para o RC Celta-Manchester

Ademais, o club poñerá tamén este martes a partir das 10.00 horas á venda entradas para o partido de ida, o xoves en Balaídos. Trátase das butacas que non serán ocupadas polos posuidores do abono básico, que tiveron de prazo ata o pasado sábado para adquirir a entrada correspondente ao seu asento en Liga.

O horario de taquillas será de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20,00 horas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas