“Estamos nunha data que pasará á historia como a máis transcendente, a máis sobresaliente e ilusionante, destes 94 anos de vida”. Foi unha das reflexións do presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, no acto “Xuntos Construímos ou Futuro” que congregou no Pazo Os Escudos a conselleiros e dirixentes do club, co seu presidente á cabeza, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a presidenta do Congreso, Ana Pastor, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o presidente da LFP, Javier Tebas, e unha ampla representación da vida política, empresarial, social, cultural e deportiva da área metropolitana de Vigo e Galicia.
Este acto organizado polo club escenificou o nacemento do Celta do futuro. Cos proxectos en Balaídos e a cidade deportiva en Mos apoiados polo Concello de Vigo e a Xunta de Galicia, o RC Celta entra nunha nova etapa especialmente ilusionante.
[document url=”https://www.rccelta.es/wp-content/uploads/2017/12/Discurso-Carlos-Mouriño-151217.pdf”]