Durante estes cinco días rexistráronse máis de 1.100 renovacións e unhas 200 altas
O pasado luns arrincou a campaña de abonados para a tempada 2013/2014, que pecha a súa primeira semana cuns números espléndidos que reflicten a fidelidade e ilusión dos abonados e o entusiasmo dos afeccionados. Durante estes cinco días renovaron o seu carnet máis de 1.100 abonados e rexistráronse ademais unas 200 altas. O club pídelle aos seus abonados e afeccionados que renoven e déanse de alta canto antes para gozar das vantaxes da actual campaña e evitar as colas que se producen de xeito habitual nos días previos ó peche.
Entre as principais novidades da campaña 2014/2015 destacan a creación do carnet ‘Sub-25’ en lugar do ‘Sub-24’, vigente a pasada tempada, e un desconto do 5% para as renovaciones tramitadas antes do 11 de xullo, rebaixa acumulable ás vantaxes ‘Familiares’ ou ‘Accionistas’ ata un máximo aplicable do 15%.
Outro dos puntos novedosos desta nova campaña, tamén dirixido aos afeccionados novos, é a inclusión da categoría ‘Sub-25’ na grada de Tribuna, onde ata agora só existían prezos de ‘Adulto’, ‘Sub-15’ e ‘+65’. Ademais, o club premiará aos abonados e afeccionados que tramiten o seu carnet con prontitud. Os celtistas que renoven ou se dean de alta antes do día 11 de xullo non pagarán suplemento nos partidos designados como Día do Club, un mínimo de tres.
Os abonados do RC Celta continuarán gozando de numerosas vantaxes co séu carnet, como o acceso gratuito ao campo de Barreiro para seguir os partidos do filial, o desconto na tenda oficial do club e en patrocinadores oficiais ou a participación en atractivos sorteos ao longo de toda a tempada.
Non faltarán as facilidades no pago. Os abonados dispoñerán de diferentes opcións para abonar o custo do carnet do xeito que mellor lles conveña, como coa Tarjeta Comercio e Visa Novagalicia Banco (ata 3 meses sen intereses) ou con Credicelta (ata 12 meses cun pequeno recargo).
A campaña inclúe os habituais descontos a accionistas e familias. Os abonados cos carnés domiciliados recibirán o cargo a partir do día 25 de xuño. A cota de alta será similar á da tempada pasada: 85 euros para a categoría adulto e 45 euros para o resto.
As renovaciones e altas pódense tramitar tanto nas oficinas de abonados, situadas no estadio de Balaídos como a distancia, as 24 horas do día e dunha forma rápida e sinxela, a través da oficina de abonados virtual: http://www.celtavigo.org/abonosCelta