Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-80/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 419

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-80/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 427
Emre Mor preséntase ante o celtismo este venres en Balaídos - RC Celta
DIaZ-CbUwAAaYoz.jpg
Celtismo

Emre Mor preséntase ante o celtismo este venres en Balaídos

RC Celta

 

O celtismo por fin poderá dar a benvida á última fichaxe do RC Celta para a tempada 2017/18: Emre Mor. O prometedor atacante celeste, actualmente concentrado coa Selección de Turquía, presentarase ante os medios de comunicación e a afección este venres 8 de setembro ás 20:00 horas no estadio de Balaídos.

 

Será un acto aberto ao público, no que a afección terá unha participación directa e que conterá novidades respecto de anteriores presentacións. O club anima a todos os afeccionados a acudir á presentación de Emre Mor para darlle unha calorosa benvida e gozar dun evento moi especial que ningún celtista querería perderse.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas