“Embárcate que te vas a marear” nace entre o desexo de poñer en valor ao afeccionado e a súa experiencia co Celta e a adaptación dunha das frases do estribillo dunha das cancións de referencia en Balaídos, A Rianxeira: “Non te embarques rianxeira, que te vas a marear”.
É ademais unha campaña que pon o foco nos celtistas para facelos protagonistas dunha historia que merece ser contada. Con ela tamén se pretende reflectir un sentimento de identidade galego, moi asociado ao mar, un dos alicerces económicos da cidade de Vigo, no que se ven reflectidos moitos dos seus habitantes, así como doutras moitas localidades próximas.
É unha invitación directa a unirse a este momento do club, facendo referencia a unha das cancións máis querida pola afección e moi recoñecible a nivel galego, asociada aos momentos de felicidade no estadio.