Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-80/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 419

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-80/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 427

#Embárcate online: tramita o teu carné sen colas a través da web - RC Celta
Hemeroteca celtismo

#Embárcate online: tramita o teu carné sen colas a través da web

RC Celta

ARTICULO_WEB_1300x740_01.jpg

A Campaña de Abonados 2017/18 ofrece por primeira a posibilidade de realizar todas as xestións, tanto de renovacións como altas, a través de internet dunha maneira cómoda e rápida. Na web www.embarcate.rccelta.es os afeccionados celestes atoparán toda a información relativa á campaña, así como unha plataforma sinxela e intuitiva coa que tramitar o carné da nova tempada.

Nuns poucos minutos calquera celtista pode conseguir o seu carné de abonado sen necesidade de facer colas. Ademais, ao xestionar o abono a través de www.embarcate.rccelta.es, recibirá o pack de benvida no seu domicilio, que inclúe o carné, un adhesivo e unha bolsa personalizada do club.

A plataforma en liña tamén ofrece a posibilidade de xestionar o financiamento do carné a distancia. Unha vez completado o proceso, se é a primeira vez que financia o seu carné, o abonado terá que acudir a Balaídos para asinar unha autorización bancaria. En caso de non ser a primeira vez que financia o abono, poderá completar toda a xestión a través de internet.

En canto aos abonados que poidan beneficiarse do desconto FAMILIAR ou ACCIONISTA, poderán achegarse aos despachos de billetes de Balaídos cando desexen, tras xestionar o carné en liña, para recibir en efectivo o importe do desconto que lle corresponda.

O vindeiro venres 30 de xuño finaliza o prazo para renovar ou darse de alta con vantaxes que inclúen un desconto do 5% acumulable ao Familiar ou Accionista, exención de suplemento nos Días de Club e un prezo especial na compra da nova camiseta oficial do RC Celta.

ENTREGABLE_-_A43mm_DOBLE_CARA-1.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas