RC Celta e EBpay selan un acordo de colaboración que converte á marca de orixe chinesa en novo patrocinador do club. O novo sponsor terá presenza na manga dos equipamentos do primeiro equipo e noutros soportes publicitarios.
Cun control de risco operacional de primeiro nivel, EBpay actuará como unha ponte para o RC Celta, facilitando pagos seguros e sen restricións en todo o mundo.
Esta alianza representa unha sinerxia entre o fútbol e a innovación tecnolóxica, marcando un capítulo excepcional no ámbito das criptomonedas e os pagos dixitais para ambas as partes.