p>
Os dous xogadores da selección galega asistiron ao Celta-Athletic e recibiron sendas camisetas
O Real Club Celta tivo este pasado sábado dous invitados especiais, que presenciaron con entusiasmo o partido ante o Athletic Club e recibiron senllas camisetas do equipo celeste. Trátase de Edu e Alonso, os dous pequenos da provincia de Pontevedra integrantes da selección galega de fútbol sala que se proclamou subcampioa de España.
Os dous nenos e os seus familiares foron recibidos polo vicepresidente celeste Pedro Posada, o director da Fundación Celta de Vigo Germán Arteta e o responsable de relacións externas do club Atilano Vecino, quen lles fixeron entrega de dúas camisetas cós seus nomes.