A firma galega deseñou os novos traxes oficiais, que se presentan hoxe ante os medios
A prestixiosa firma galega ‘Do Rego & Novoa’, referencia en moda e complementos, será a encargada de confeccionar o traxe oficial do Real Club Celta para a tempada 2014/2015.
A firma protocolaria do acordo entre ambas as entidades e a presentación oficial dos traxes ante os medios de comunicación terá lugar este martes na Sede Social do club.
Ao acto asistirán o presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, diversos integrantes do consello de administración do club e do plantel celeste, Roberto Do Rego Fernández, directivos da firma ‘Do Rego & Novoa’ e numerosas personalidades do ámbito empresarial galego.