Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

Día histórico para o Celta e para Vigo: Primeira pedra da reforma de Balaídos - RC Celta
Hemeroteca club

Día histórico para o Celta e para Vigo: Primeira pedra da reforma de Balaídos

RC Celta

primea_piedra4.jpg

Carlos Mouriño e o alcalde, Abel Caballero, protagonizan o evento máis agardado polo celtismo

VÍDEO EN CELTA TV

Día histórico para o Real Club Celta, o celtismo e a cidade de Vigo. O presidente celeste, Carlos Mouriño, e o alcalde vigués, Abel Caballero, colocaron hoxe a primeira pedra da reforma integral do estadio de Balaídos: Un soño feito realidade.

O acto, ao que asistiron diversos representantes municipais e integrantes do consello de administración do club, pon fin a décadas de espera, supón o inicio dunha reforma integral de Balaídos que converterá ao estadio nunha instalación máis moderna, cómoda e funcional, nun emblema para a cidade de Vigo.

Tras a colocación da primeira pedra, situada fronte á bancada de Río, o presidente do Celta destacou que hoxe é un día histórico e emocionante. Embárgame a emoción”.

“Creo que é un momento histórico despois dunha pelexa tremenda de anos sen poder conseguir isto”, engadiu Mouriño, quen apuntou que “hoxe gáñame a emoción, e o agradecemento ao Concello e a Abel Caballero”.

O máximo responsable celeste subliñou que “Abel prestounos todo o seu apoio desde o primeiro momento. Era unha das patas principais para levar adiante este proxecto e conseguímolo. Sacámolo adiante co esforzo de todos, e digo de todos porque sentimos o respaldo da cidade nesta idea, sentimos o respaldo dos afeccionados e por suposto todo encabezado polo alcalde, que non só representa á cidade, senón tamén aos afeccionados porque sentimos no alcalde ao primeiro afeccionado do Celta, o primeiro que está aí todos os domingos, o primeiro que sofre, o primeiro que se alegra dos nosos resultados e iso é importantísimo para nós”, comentou

Carlos Mouriño sinalou ademais que “demos un paso importante, temos que terminalo, pero xa só o feito de estar aquí, de inicialo, é para o Celta satisfactorio e un momento de alegría. Aos afeccionados dígolles que este proxecto se está consolidando, pero temos moito traballo por diante e imos seguir facéndoo”.

Pola súa banda, Abel Caballero, indicou que “é un día moi importante, quero solemnizarlo porque hoxe a historia do deporte e do Celta fráguase neste proxecto da gran reforma do estadio de Balaídos”.

“Seguramente os cidadáns e afeccionados estaban a esperar a que tomásemos conxuntamente a gran decisión desta reforma porque o Celta é un gran símbolo da cidade, un elemento central na vida activa e a dinámica da cidade, Vigo non se entende sen o Celta, sen Balaidos, sen que cada dous domingos esteamos a gozar co Celta e o deporte”, reflexionou o alcalde, quen sinalou que “este é o momento de iniciar de forma imparable a gran reforma e requiría da cooperación de todos. Queremos agradecerlle ao goberno e pór de manifesto a estreita colaboración con esta directiva do Celta, co Celta de hoxe”.

Afirmou que “isto tiña que ocorrer con Mouriño de presidente, con este novo impulso que se lle está dando ao equipo, esta forma de entendelo. Temos unha dimensión distinta do Celta e do deporte”.

“Facémolo todos xuntos, o goberno de Vigo, o Celta e toda a afección. Hoxe é un día certamente moi importante para a cidade, é importante para o presidente e o alcalde, pero sobre todo para a cidade: Hoxe fraguamos un soño, hoxe empeza o novo estadio de Balaidos”, aseverou.

Segundo explicou Abel Caballero, este domingo iniciaranse os traballos para reforzar os contrafuertes e paredes exteriores da Bancada de Río, primeiro paso da gran reforma do estadio, xa que durante as próximas semanas o club iniciará as obras na bancada de Preferencia.

primera_piedra2.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas