Celebrarse, con toda probabilidade, en segunda convocatoria, o día 2 de decembro
Por acordo do Consello de Administración de 16 de outubro de 2014 convócase Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria da sociedade REAL CLUB CELTA DE VIGO, S.A.D., a celebrar no Auditorio do Centro Social Afundación de Vigo (antigo Centro Social Novacaixagalicia), sito na rúa Policarpo Sanz, 24-26, desta cidade de Vigo, o luns 1 de decembro de 2014, ás 17 horas, en primeira convocatoria, ou o martes 2 de decembro de 2014, ás 19 horas, no mesmo lugar e en segunda convocatoria, con arranxo á seguinte
Orde do día:
Primeiro.- Exame e aprobación, no seu caso, das contas anuais e do informe de xestión, así como da proposta de aplicación do resultado, e censura da xestión do Consello de Administración, todo iso referido ao exercicio pechado a 30 de xuño de 2014.
Segundo.- Exame e aprobación, no seu caso, do orzamento para o exercicio 2014-2015.
Terceiro.- Situación deportiva.
Cuarto.- Rogos e preguntas.
Quinto.- Redacción, lectura e aprobación, no seu caso, da acta da Xunta ou nomeamento de interventores para a aprobación da mesma.
Poderán asistir os accionistas que acrediten ser titulares de, polo menos, sete acciones inscritas ao seu nome, con cinco días de antelación como mínimo á data da Xunta, no Libro Rexistro de Accións Nominativas da Sociedade. Os titulares de accións en número inferior ao mínimo esixido poderán agruparse para alcanzar o mínimo establecido; nese caso, os titulares agrupados deberán conferir representación por escrito e con carácter especial a un calquera dos accionistas agrupados.
A partir da presente convocatoria, calquera accionista poderá examinar no domicilio social e, no seu caso, obter da Sociedade, de forma inmediata e gratuíta, mediante a súa entrega ou envío, os documentos que han de ser sometidos á aprobación da Xunta, o informe de xestión e o informe do auditor de contas.
A fin de evitar molestias innecesarias aos accionistas, quérese deixar expresa constancia de que, con toda probabilidade, a Xunta celebrarase en segunda convocatoria, no lugar e hora indicados no presente anuncio.
Vigo, 17 de outubro de 2014.- O Secretario non Conselleiro do Consello de Administración, Javier Mosquera de Valdivielso