Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463
Convocatoria da Xunta de Accionistas 2017 - RC Celta
escudo-celta-comunicados.jpg
Celtismo

Convocatoria da Xunta de Accionistas 2017

RC Celta

 

REAL CLUB CELTA DE VIGO, S.A.D.

Convocatoria de Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas

Por acordo do consello de administración de 18 de outubro de 2017 convócase Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas da sociedade REAL CLUB CELTA DE VIGO, S.A.D., a celebrar no Auditorio da Sede Afundación Vigo, sito na rúa Policarpo Sanz, números 24-26, desta cidade de Vigo, o venres 24 de novembro de 2017, ás 17 horas, en primeira convocatoria, ou o luns 27 de novembro de 2017, ás 19 horas, no mesmo lugar e en segunda convocatoria, con arranxo á seguinte

 

Orde do día:

Primeiro.- Exame e aprobación, no seu caso, das contas anuais e do informe de xestión, así como da proposta de aplicación do resultado, e censura da xestión do consello de administración, todo iso referido ao exercicio pechado a 30 de xuño de 2017.

Segundo.- Exame e aprobación, no seu caso, do orzamento para o exercicio 2017-2018.

Terceiro.- Nomeamento ou reelección de conselleiros.

Cuarto.- Situación deportiva.

Quinto.- Rogos e preguntas.

Sexto.- Redacción, lectura e aprobación, no seu caso, da acta da Xunta ou nomeamento de interventores para a aprobación da mesma.

Poderán asistir os accionistas que acrediten ser titulares de, polo menos, sete acciones inscritas ao seu nome, con cinco días de antelación como mínimo á data da Xunta, no libro rexistro de accións nominativas da Sociedade. Os titulares de accións en número inferior ao mínimo esixido poderán agruparse para alcanzar o mínimo establecido; nese caso, os titulares agrupados deberán conferir representación por escrito e con carácter especial a un calquera dos accionistas agrupados.

A partir da presente convocatoria, calquera accionista poderá examinar no domicilio social e, no seu caso, obter da Sociedade, de forma inmediata e gratuíta, mediante a súa entrega ou envío, os documentos que han de ser sometidos á aprobación da Xunta, o informe de xestión e o informe do auditor de contas.

A fin de evitar molestias innecesarias aos accionistas, quérese deixar expresa constancia de que, con toda probabilidade, a Xunta celebrarase en segunda convocatoria, no lugar e hora indicados no presente anuncio.

Vigo, 20 de outubro de 2017.- O Secretario non Conselleiro do Consello de Administración, Javier Mosquera de Valdiviel

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas