O club envía todo o seu apoio e agarimo á familia do piloto moañés e á do valenciano Bernat Martínez
O Real Club Celta desexa transmitir a súa consternación e a súa máis profundo pesar polo tráxico falecemento do moañés Dani Rivas, piloto de motociclismo e afeccionado celtista, no accidente acontecido a pasada madrugada no circuíto de Laguna Seca. O club vigués envía as súas condolencias e o seu máximo apoio á familia e amigos do deportista galego, así como á do valenciano Bernat Martínez, falecido no mesmo tráxico accidente. D.E.P.