Participaron responsables do Celta, federacións española e galega, seleccións e fútbol vigués e diversas autoridades
Os responsables das entidades organizadoras da Rolda Élite Sub-19 de Vigo, Real Club Celta e Federación Española de Fútbol, autoridades e representantes do fútbol galego e as seleccións participantes compartiron hoxe no Pazo Los Escudos a comida oficial celebrada, por iniciativa da RFEF, con motivo da celebración desta importante competición, que mañá vivirá o seu último episodio cos partidos entre Lituania e Dinamarca en Pasarón e a gran final entre España e Alemania en Balaídos.
Neste xantar que de xeito tradicional ofrece a RFEF nas competicións que organiza, contou coa presenza, entre outros, do presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, acompañado por conselleiros e directores do club, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o vicepresidente da Diputación de Pontevedra, Jose Manuel Figueroa, delegados de UEFA, responsables das federacións española e galega de fútbol e representantes das seleccións de España, Alemania, Dinamarca e Lituania, da Agrupación de Veteranos do Celta e de Afavi.
Os participantes nesta comida coincidiron en destacar a gran organización do torneo por parte do Real Club Celta e en desexar que Balaídos rexistre un gran ambiente no partido deste xoves entre España e Alemania.