Un desexo común: que o partido sexa unha gran festa para o fútbol galego
Imaxe chea de simbolismo a rexistrada hoxe ao mediodía no Restaurante Os Abetos. ‘O Noso Derbi’, a gran festa do fútbol galego, tivo como preámbulo unha comida de confraternización entre os consellos de administración de Real Club Celta e Deportivo da Coruña cos presidentes Carlos Mouriño e Constantino Fernández á cabeza.
Ambiente distendido e un desexo común, que o partido desta noite sexa unha gran festa para o fútbol e ambas afeccións gocen dun bonito espectáculo.