O RC Celta quere expresar a súa gratitude a Gonzo e á súa produtora polo traballo desenvolvido no último ano e medio na consolidación de Celta Media, un proxecto construído polo club e que seguirá sendo un referente na comunicación co celtismo. O RC Celta valora o gran esforzo realizado por todos os integrantes da produtora, a quen lles desexa o maior dos éxitos na súa nova etapa profesional.