O adestrador da Celta Fortuna, Claudio Giráldez, tomará as rendas do primeiro equipo desde este mércores, día no que, tras unha xornada de descanso, haberá sesión preparatoria ás 11:00 horas na Cidade Deportiva Afouteza. Giráldez, técnico formado nas categorías inferiores do club vigués, dirixirá ao equipo celeste xa este domingo en Sevilla, onde o RC Celta mídese ao conxunto andaluz ás 14:00 horas no Estadio Sánchez Pizjuán.
O adestrador porriñés saltou desde o RC Celta Xuvenil de División de Honra ao filial na campaña 2022/2023, na que, cun equipo dunha enorme mocidade, logrou a clasificación para o playoff de ascenso.
Na actual campaña, e tras 27 xornadas disputadas, a Celta Fortuna é quinto con 47 puntos.
O adestrador do Celta C – Gran Peña, Fredi Álvarez, substituirá a Giráldez no filial céltico.