Os prezos das entradas para este encontro, entre 25 e 50 euros
O Real Club Celta buscará este sábado ante a Granada (Balaídos, 19.00 horas) o seu primeiro triunfo como local, o seu terceiro encontro consecutivo sen derrotas, prolongar o seu doce arranque de competición. Para este encontro, os prezos das entradas mantéñense e oscilan entre os 25 e os 50 euros.
Tras o seu brillante triunfo no Benito Villamarín, o Celta afronta este sábado un novo encontro en Balaídos ante un complicado rival, o Granada Club de Fútbol (19.00 horas). Os celestes buscarán a súa primeira vitoria como local, tres puntos que alarguen o seu bo arranque de campionato.
O empuxe da afección será, como sempre, un factor decisivo á hora de buscar un triunfo que aumente a confianza dos celestes, eficaces e acertados nestes primeiros partidos da tempada. Os prezos das entradas serán de 50 euros para Tribuna, 40 para Río (25€ categoría Sub-24), 35€ para Preferencia (15€ categoría Sub-24) e 25€ na bancada de Gol (15€ para sub-24).
As entradas poden adquirirse de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20 horas na oficina de abonados, ou o sábado 31 de agosto de 10 a inicio do partido nos despachos de billetes do estadio.
Os billetes xa están tamén á venda no despacho de billetes online, onde poden adquirirse en calquera momento do día: www.celtavigo.org/taquillaCelta