Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463
Celta e Deportivo impulsan a doazón de sangue en Galicia a unha cifra récord - RC Celta
galicia211016.jpg
Celtismo

Celta e Deportivo impulsan a doazón de sangue en Galicia a unha cifra récord

RC Celta

A campaña de doazón de sangue coa Fundación Celta, o Real Club Deportivo da Coruña e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Consellería de Sanidade, en colaboración coa Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue, rematou cun récord de participación e acadou 10.507 doazóns.

Nas unidades móbiles e nos locais de doazón de toda Galicia houbo unha media de 523 doazóns de sangue no transcurso das 20 xornadas nas que se desenvolveu esta iniciativa. Esta cifra supuxo acadar un incremento do 35% con respecto á media de doazóns de sangue rexistradas no mesmo período do ano anterior.

Novos doadores e doadoras ADOS quere salientar o incremento do 8% rexistrado no número de persoas que doaron sangue por vez primeira e que supuxo que 717 cidadáns pasasen a formar parte da actual base de doadores e doadoras de sangue de Galicia, circunstancia especialmente salientable.

No transcurso desta campaña especial de doazón, que tivo lugar entre o 19 de marzo e rematará o 15 de abril, todas as persoas que acudiron a doar recibiron unha camiseta exclusiva especialmente deseñada para esta campaña solidaria pola Fundación Celta de Vigo e polo Deportivo da Coruña, cos lemas “Sangue Celeste” e “Sangue Galego e Corazón Branquiazul”, respectivamente.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas