Balaídos acolle este martes un dos partidos máis atractivos e significativos da tempada (22h)
DESPACHOS DE BILLETES: de 10 a 14 e de 17 a 22 horas
Balaídos vivirá este martes o regreso do clásico galego en Primeira División. O RC Celta e o Deportivo da Coruña enfróntanse con motivo da quinta xornada ligueira, un choque emocionante e especial para as afeccións de ambos os equipos e para todo o fútbol galego.
Os despachos de billetes do estadio continuarán despachando entradas mañá en horario de 10 a 14 e de 17 a 22 horas a uns prezos que oscilan entre 45 e 70 euros para adultos e entre 35 e 45 para os máis novos, prezos inferiores aos que se establecerán noutros “Días do Club” polos especiais condicionantes deste partido.
O club anima a todos os abonados e afeccionados celestes a acudir ao estadio para ser partícipes dun dos encontros máis atractivos de toda a tempada e para alagar de ambiente celtista as bancadas de Balaídos. O conxunto celeste mantense invicto tras o primeiras catro xornadas e o apoio do celtismo será fundamental para prolongar a racha.