Balaídos vai camiño de presentar un ambiente espectacular no partido ante o conxunto blaugrana
O estadio de Balaídos vai camiño de presentar un ambiente espectacular no partido ante o FC Barcelona, correspondente á undécima xornada de Liga, que se celebrará en torno ao mércores 30 deste mes. Se hai unha semana era a bancada de Preferencia a que se achegaba ao cheo, agora son Marcador e Gol as que comezan a completar o seu aforamento. A falta de vinte e oito días para o duelo entre celestes e blaugranas, apenas restan uns centos de localidades para este tres bancadas, cuxo prezo é de 60€ para categoría adulto e de 45€ para Sub-24.
Os afeccionados máis novos tamén poderán beneficiarse do prezo especial Sub-24 nas bancadas de Río Baixo e Río alto, cun custo de 65€, mentres que os adultos poden adquirir billetes para esta zona do estadio por 80€ ou en Tribuna por 95€.
O club lembra que os abonados que renovaron ou se deron de alta despois do 19 de xullo deberán retirar para este partido un suplemento de 20 euros en categoría adulto e de 10 para o resto, mentres que quen tramitaron o seu carné con anterioridade á devandita data poderán acudir ao encontro sen ningún custo extra.
Os afeccionados e abonados poden adquirir entradas e suplementos na oficina de abonados de luns a venres, en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Ademais os billetes xa poden adquirirse a través do despacho de billetes virtual, dispoñible as 24 horas o sete días da semana: www.celtavigo.org/taquillaCelta
|
ENTRADAS |
SUPLEMENTO |
||
ADULTO |
SUB 24 |
ADULTO |
SUB24 |
|
TRIBUNA |
95 |
NON DISPOÑIBLE |
20 |
10 |
RÍO ALTO |
80 |
65 |
||
RÍO BAIXO |
80 |
65 |
||
GOL |
60 |
45 |
||
PREFERENCIA |
60 |
45 |
||
MARCADOR |
60 |
45 |
||
FONDO |
NON DISPOÑIBLE |
NON DISPOÑIBLE |
Fotografía: Diego Pérez