O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, reuniuse este martes no Salón Rexio de A Sede cos medios de comunicación para realizar un dos seus habituais repasos informativos á actualidade do club. O mandatario céltico ofreceu algúns detalles sobre a campaña de abonados desta tempada, o equipo e a cidade deportiva. Ademais, o presidente volveu facer un serio chamamento ante a situación do estadio Abanca Balaídos e a xestión do Concello de Vigo: “Reclamamos un estadio digno para os afeccionados”.
- Estadio
- “Balaídos non ten condicións de estadio cómodo para a afección”.
- “Comprar o estadio, o convenio a 50 anos, unha licenza para construír outro estadio na cidade… A resposta é sempre non. Onde nos levan?”.
- “Cantos adiamentos leva a bancada de Marcador desde que se dixo que se ía a facer? Onde está o proxecto? E a obra?”.
- “Soñemos. Se nos clasificamos a Europa, que vai pasar? A luz non nola van a permitir, á parte de todas as demais deficiencias. Teremos que buscar alternativas a Balaídos para xogar”.
- “Son celtista e vigués. Como vigués, quero que o Celta quede en Vigo e o estadio fágase. Como presidente, buscarei a mellor alternativa para o Celta”.
- Cidade deportiva
- As obras sufriron un atraso pola aparición de restos arqueolóxicos, en concreto cerámica, do ano 2.560 antes de Cristo. Non é probable que este descubrimento poida afectar o proxecto.
- En canto se reciba a licenza definitiva, o primeiro equipo podería estar a adestrar nas novas instalacións en 6-8 meses.
- Equipo
- Obxectivo: “Equivoqueime a tempada pasada ao falar de Europa. Temos un bo equipo, pero o primeiro é esixirlle 40 puntos e logo soñar”.
- Rafinha: “Se el quere e nós queremos, podemos unir as nosas vidas durante moitos anos. Só depende del e nós”.
- Brais Méndez: “É un xogador da casa, cun gran porvir. Para nós é un xogador grande. Necesita un recoñecemento e estamos dispostos a darllo”.
- Proxecto: “É o plantel máis ilusionante que confeccionamos”.
- Canteira
- Dos 23 xogadores do plantel do Celta B, 18 pasaron polas categorías inferiores do RC Celta.
- O 55% dos xogadores de categorías inferiores son de Vigo, o 76% da provincia e o 97% de Galicia.
- Campaña de abonados
A cifra de abonados é de 22.469 e o ano pasado foi de 21.966. Rexistrouse un destacado número de novas altas. - Xestión económica
- O beneficio estimado para a tempada 2018/19 era de 6.100.000 euros e o real foi de 21 millóns.
- Realizáronse fichaxes por valor de 39 millóns de euros e o orzamento da tempada é duns 80.
- O tope salarial ha ascendido de 46 millóns a 62.
- As áreas de negocio xestionadas pola empresa Afouteza e Corazón (propiedade do RC Celta) reportaron ao club uns ingresos extra só en concepto de aluguer duns 500.000€.
- Fundación Celta
Os campus de verán da Fundación no estranxeiro tiveron 700 participantes e as escolas internacionais xa traballan con máis de 1.800 rapaces.
O Celta Integra, campión de LaLiga Genuine 2018/19, será homenaxeado o vindeiro domingo no descanso do partido ante o Granada.