Dispoñible a partir da próxima semana en locais de hostalaría e alimentación de Vigo e arredores
Cabreiroá, auga oficial do RC Celta, lanzará nos próximos días unha edición limitada que rende homenaxe aos principais equipos de fútbol da comunidade galega. Cabreiroá reafirma desta forma o seu compromiso coa súa orixe galega e a súa imaxe como fonte de vitalidade e saúde asociadas ao deporte.
Os locais de hostalaría e alimentación de Vigo e da súa área de influencia comezarán a despachar envases PET de 1 litro coas cores do Celta a partir da semana que vén e ata fin de ano.