Borja Oubiña, ex capitán celeste e actual membro da secretaría técnica do RC Celta, viaxou esta semana a México para visitar a Escola de Fútbol do Celta en Campeche.
O vigués tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións deportivas e o traballo de canteira que se desenvolve na escola mexicana. Ademais, Oubiña charlou cos novos futbolistas campechanos, a quen trasladou unha mensaxe de esforzo, disciplina, traballo e superación.