Billetes desde 15 euros para Sub-24 e desde 25 para adultos
Balaídos debuta no 2014 cun partido de gran atractivo para os afeccionados, RC Celta-Valencia CF (sábado 11 de xaneiro, 18:00 horas), correspondente á xornada 19 de Primeira División. Os ches visitarán Vigo no primeiro desprazamento que realiza o equipo desde a chegada do seu novo técnico.
Do mesmo xeito que o pasado ano, o empuxe do celtismo desde as bancadas do estadio volverá ser de vital importancia para que o equipo atope o camiño cara á vitoria. A comuñón entre plantel e afección vivida durante as últimas tempadas será unha das claves para a consecución dos obxectivos desta campaña ligueira. É por iso que o club anima a todos os abonados e seguidores a acudir a este emocionante encontro e a que, co seu alento, axuden ao equipo a comezar o novo ano da mellor forma posible, cun triunfo.
Para esta xornada o club mantén unha vez máis os prezos das entradas, que oscilan entre 25 e 50 euros na categoría adulto e entre 15 e 25 euros na categoría Sub-24. As entradas poden adquirirse do martes ao venres na oficina de abonados en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas ou o sábado nos despachos de billetes do estadio desde as 10.00 ata o inicio do partido, en horario ininterrompido. O luns 6 de xaneiro, día festivo, a oficina de abonados e o despacho de billetes permanecerán pechados. As entradas xa están dispoñibles no despacho de billetes virtual, accesible as 24 horas o sete días da semana: http://www.celtavigo.org/taquillaCelta
|
ENTRADAS |
|
ADULTO |
SUB 24 |
|
TRIBUNA |
50 |
NON DISPOÑIBLE |
RÍO ALTO |
40 |
25 |
RÍO BAIXO |
40 |
25 |
PREFERENCIA |
35 |
15 |
GOL |
25 |
15 |
MARCADOR |
25 |
15 |
FONDO |
NON DISPOÑIBLE |
NON DISPOÑIBLE |