O máximo medallista español nos XXOO realizará o saque de honra no partido ante o FC Barcelona
O Real Club Celta de Vigo homenaxeará ao piragüista cangués David Cal este domingo nos prolegómenos do partido ante o FC Barcelona. Balaídos e o celtismo terán a oportunidade de mostrar a súa admiración e afecto polo deportista galego, máximo medallista olímpico español de todos os tempos, que recentemente anunciou a súa retirada do deporte de elite.