O RC Celta organizou este evento con motivo da visita do Real Valladolid
O Estadio de Balaídos volveu acoller esta mañá un encontro de empresarios, nesta ocasión entre vallisoletanos e vigueses, con motivo da visita do Real Valladolid. Representantes de diversos sectores da actividade vinculados ao club pucelano e de entidades e partners do club galego realizaron unha visita ás instalacións de Balaídos e conversaron na zona de empresas do estadio.
O Real Club Celta continúa desta maneira exercendo de axente dinamizador da economía da cidade e de Galicia con este tipo de actos que teñen o seu eixo na zona de empresas creada no estadio vigués.