O soño faise realidade. As obras da cidade deportiva do RC Celta seguen o seu curso para outorgar unha nova dimensión a un club envorcado nunha canteira que é xa un referente a nivel internacional. Os distintos equipos celestes agardan con impaciencia o seu traslado a unhas instalacións cómodas, funcionais e respectuosas ao máximo co medioambiente que permitirán unha notable mellora nas condicións do traballo diario dos xogadores.