Manténse as mesmas condicións e vantaxes que se ofreceron durante o verán
ABONOS ONLINE: www.celtavigo.org/abonosCelta
CONTACTO ABONADOS: 986.21.32.30 / abonados@celtavigo.net
Este luns 1 de decembro dá comezo a Campaña Anual de Abonados 2015, que recolle as mesmas condicións e vantaxes de renovación que se ofreceron durante o verán.
O RC Celta necesita o apoio do celtismo, un alicerce crave no crecemento institucional, social e deportivo que ano tras ano experimenta o club vigués. A fidelidade da afección en Balaídos, especialmente a dos abonados, resultou determinante para a consecución dos obxectivos nas últimas tempadas e continuará séndoo, polo que o Celta anima a todos os abonados anuais a renovar o seu compromiso co club. Así mesmo, a Campaña Anual de Abonados preséntase como unha gran oportunidade para os celtistas que desexen sumarse á familia celeste e gozar da boa tempada que o equipo está a realizar.
A campaña anual presenta unhas vantaxosas condicións de renovación. Os abonados que renoven o seu carné antes do día 31 de decembro beneficiaranse dun desconto especial dun 5% sobre o custo do abono, acumulable ao desconto de accionista ou familiar até un máximo do 15%. Ademais, tanto renovacións como altas tramitadas antes de dita data quedarán exentas de pagar suplemento nos partidos designados como ‘Día do Club’.
O club oferta outra interesante vantaxe aos afeccionados que decidan darse de alta. Os seguidores que formalicen o seu carné, válido a partir de Xaneiro de 2015, antes do 19 de decembro, poderán acudir ao partido de Liga ante o Almería que se disputa o venres 19 de decembro en Balaídos.
A partir do 31 de decembro as renovacións terán o mesmo custo que as altas, aínda que sen a cota que se aplica a estas últimas. En ambos os casos, pagarán suplemento os días de club e os prezos que se aplicarán serán os propios da campaña anual 2015.
Mantéñense as habituais facilidades de pago a través do cartón comercio e Crediventa. Os que opten por fraccionar o seu abono poden facelo até tres meses sen intereses (só coa Tarxeta Comercio de Abanca) ou con Credicelta en seis, nove e doce cun pequeno cargo.
Os abonados cos carnés domiciliados recibirán o cargo a partir do 15 de decembro.
O horario das oficinas de abonados é de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. A plataforma online ofrece a posibilidade de xestionar o carné de abonado de maneira cómoda e sencilla as 24 horas do día: www.celtavigo.org/abonosCelta