Os abonados non necesitan retirar suplemento ao non designarse este partido como ‘Día do Club’
Balaídos será escenario o próximo 8 de marzo dun emocionante encontro no que o RC Celta medirase a un dos mellores conxuntos de Europa, o Atlético de Madrid. Os celestes encadean seis xornadas no estadio vigués sen coñecer a derrota, resultado do bo traballo do equipo e do extraordinario empuxe dos afeccionados.
Co obxectivo de volver gozar do mellor ambiente celtista nas bancadas, aspecto que será clave neste complicado envite, mantéñense os prezos habituais das entradas. Ademais, como agradecemento ao incondicional apoio dos abonados, este partido non foi designado como ‘Día do Club’. O RC Celta anima a todos os celtistas a acudir a Balaídos, xa que a súa aportación será determinante para lograr un triunfo que achegue máis o obxectivo da permanencia.
Os seguidores Sub-24 poden comprar billetes por un custo de entre 15 e 25 euros, mentres que para os adultos o prezo oscila entre os 25 e os 50 euros. As entradas poden adquirirse na oficina de abonados de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, mentres que o despacho de billetes virtual (www.celtavigo.org/taquillaCelta) permanece operativa as 24 horas do día.
|
ENTRADAS |
|
ADULTO |
SUB 24 |
|
TRIBUNA |
50 |
NON DISPOÑIBLE |
RÍO ALTO |
40 |
25 |
RÍO BAIXO |
40 |
25 |
PREFERENCIA |
35 |
15 |
GOL |
25 |
15 |
MARCADOR |
25 |
15 |
FONDO |
NON DISPOÑIBLE |
NON DISPOÑIBLE |