
O RC Celta continúa adiante co seu particular calendario de advento. Desde o pasado 1 de decembro, o club celeste está a repartir premios diarios entre os afeccionados que se achegan a A Sede, na Rúa do Príncipe, e atenden ao videowall instalado na tenda multimarca.
Como participar?
- 1. Ven a A Sede! Cada día, nalgún momento entre as 16:30 e as 20:30, o videowall da tenda de A Sede proxectará un vídeo cunha palabra crave e un número de teléfono.
 - 2. O primeiro participante que, a través de WhatsApp, envíe a palabra crave ao número de teléfono indicado, levará o premio do día!
 - 3. O gañador recibirá ao momento unha mensaxe de resposta e poderá recoller o seu premio ao momento no mostrador da tenda celeste en A Sede.
 
Que premios repartíronse até agora?
- Meet&Greet con xogadores.
 - Brazalete de capitán de Hugo Mallo.
 - Camiseta asinada.
 - Chaqueta himno RC Celta – adidas.
 - Entradas para o RC Celta – FC Barcelona.
 - Cea no Restaurante Silabario de A Sede.
 - Bono de 150€ para a tenda de A Sede.
 - Reportaxe de Celta Media.