Con motivo do Día da Reconquista, o club de basket invita aos socios de clubes deportivos vigueses
O Pavillón de Navia acolle este venres 28 de marzo ás 20.00 horas un apaixonante partido da liga Feminina 2 entre o Celta Selmark e o Al-Qazeres. O partido celébrase nun día moi especial para todos os vigueses, o da celebración da Reconquista da Vila de Vigo. Con este motivo, o club de basket feminino decidiu convidar o encontro a todos os socios dos clubs deportivos da cidade con equipos en categoría nacional, entre os que se atopan os abonados do Real Club Celta.
O club anima aos seus abonados a que acudan a Navia para apoiar ao Celta Selmark e gozar do espectáculo do baloncesto feminino. Os abonados celestes poderán acceder ao pavillón presentando o seu carné na entrada. Unha gran oportunidade para gozar deste equipo deportivo de canteira e apoialo nunha data sinalada no calendario por todos os habitantes de Vigo.