Este martes e mércores estarán a disposición dos afeccionados que realizaron reserva, en exclusiva
A tenda oficial do Celta acaba de recibir unha nova remesa de produtos Adidas, provedor de roupa deportiva do club, entre eles a primeira e a segunda camiseta oficial da tempada 2013-2014.
As persoas que realizaron unha reserva poderán adquirir as elásticas este martes e mércores no establecemento céltico, presentando o vale que se lles entregou no seu momento, mentres que a partir do xoves as camisetas estarán a disposición de todos os afeccionados.
A roupa Adidas incorporan tecnoloxía ‘Climacool’, que axuda a expulsar a calor e a suor do corpo grazas á súa composición de fibra e á combinación de diferentes tipos de tecido de malla abertos, situados estratexicamente para permitir que o aire circule a través do tecido e seque a suor. O deseño das camisetas inclúe nunha das súas mangas o logotipo conmemorativo polo 90 aniversario do Real Club Celta.
A tenda oficial permanece aberta de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Os abonados celestes dispoñen dun dez por cento de desconto en todos os produtos á venda.