La Peña Celtista de Noia, unha das máis veteranas do panorama celtista, celebrou o pasado sábado o seu 50 aniversario cun acto que o RC Celta e a súa Fundación non se quixeron perder. Kevin Vázquez, xogador do primeiro equipo; Germán Arteta, director da Fundación Celta; e o actual delegado e ex xogador celeste Vlado Gudelj, estiveron presentes na celebración do colectivo céltico.
O RC Celta e a Fundación Celta felicitan á Pena Celtista de Noia polos seus cincuenta anos de inquebrantable compromiso polo escudo e as cores do club vigués.