Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-80/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 419

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-80/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 427

A nova tenda oficial, un espazo comercial e de ocio para o celtismo - RC Celta
Audiovisual

A nova tenda oficial, un espazo comercial e de ocio para o celtismo

RC Celta

O RC Celta abriu as portas da súa nova tenda oficial en Balaídos este luns, horas antes do partido de Liga ante o Real Betis. A inauguración espertou unha gran expectación entre a afección celtista, que recibiu con entusiasmo uns cambios rompedores que supoñen un claro antes e despois para o comercio celeste.

“É un estilo industrial e urbano integrado nun estadio”, explica a Celta Media a director da área de negocios do RC Celta, Carlos Cao, quen ademais deu pistas sobre o uso que se dará á terceira planta do local: “Falta por culminar a planta superior, onde haberá un espazo de lecer e entretemento cun concepto totalmente diferente respecto do que había ata agora”.

A tenda oficial mantén nesta nova etapa o seu horario tradicional: de luns a sábado desde as 10:00 ata as 14:00 e de 17:00 a 20:00. Ademais, os afeccionados tamén poden realizar as súas compras na web shop.rccelta.es, recentemente renovada.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Celtismo Novas club O Club Fanzone Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas