p>
Ambas entidades poñerán entradas a disposición de colectivos de diversa índole
Co obxectivo de arroupar á Selección Española, o Real Club Celta e o Concello abrirán a grada de Fondo para o decisivo partido deste xoves (20.30 horas) ante Alemania, que determinará cal destes equipos disputará o Campionato de Europa e terá opcións de participar no Mundial Sub-20.
Esta grada, situada baixo a de Marcador, empuxará deste xeito ao combinado nacional nesta ‘final’ ante o conxunto alemán como fixo co Celta ao longo da tempada. Celta e Concello poñerán as entradas a disposición de diversos colectivos sociais, culturais e deportivos da cidade.