Os días 26 e 27 de maio celébrase na Madroa a Fase Final de LaLiga Genuine, unha iniciativa integradora de responsabilidade social e pioneira no mundo, organizada por LaLiga a través da súa Fundación, consistente nunha Liga de fútbol integrada por equipos do colectivo DEI (persoas con discapacidade intelectual).
O equipo Fundación Celta Integra debuta nesta cuarta e definitiva xornada o sábado ás 11:00 horas ante o Rayo Vallecano. O RC Celta anima a todos os afeccionados a acudir ás instalacións célticas para apoiar aos xogadores celestes.