Continúan revelándose detalles sobre a nova sede do RC Celta, situada na céntrica rúa viguesa do Príncipe e cuxa inauguración terá lugar o vindeiro sábado 17 de marzo. Tras presentar algúns dos negocios que albergará a nova casa do celtismo, como o Gambeta Gastrobar, o Restaurante Silabario ou a Clínica RC Celta, hoxe é a quenda de coñecer novidades sobre o Salón Rexio e a tenda multimarca do club celeste.
Salón Rexio
Este espazo histórico de A Sede está chamado a converterse no gran elemento dinamizador da actividade do edificio. Será un lugar de referencia na axenda cultural, didáctica e artística da cidade durante todo o ano, pero tamén un lugar único, diferente e totalmente adaptable para todo tipo de eventos e actos empresariais.
Tenda multimarca
Situada en plena Rúa do Príncipe, a zona comercial e de moda de Vigo, a tenda de A Sede será un establecemento cunha gran oferta de roupa e complementos de diferentes marcas como DR&N, Scotch&Soda, Superdry, At.P.Co, Von Dutch, La Sal Style, Gorgeous, Goorin Bros, Graphics Proyect, Reiko, Maison Scotch, American Vintage, Grace & Mila ou Designers Society.
A Sede
O RC Celta, a súa afección e Vigo vivirán no mes de marzo un acontecemento histórico, a inauguración da nova sede social do club, situada na rúa do Príncipe, no corazón de Vigo, nun emblemático inmoble que se converterá na casa do celtismo. Este evento terá lugar o día 17 do próximo mes de marzo, unha data que sen dúbida pasará á historia do club, xa que a nova sede social é un dos grandes alicerces do proxecto de futuro da entidade e á vez un poderoso impulso ao presente.
Todas as novidades e detalles na web asede.rccelta.es e nas contas oficiais de A Sede en twitter, facebook e instagram.