Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463
A atención ao abonado realizarase exclusivamente a través do portal Escoitamos - RC Celta
escudo-celta-comunicado-new.jpg
Celtismo

A atención ao abonado realizarase exclusivamente a través do portal Escoitamos

RC Celta

O servizo de atención aos abonados do RC Celta, unha vez finalizados todos os trámites relativos á tempada 2019/20 e co obxectivo de cumprir cos protocolos de seguridade, trasladará toda a súa xestión, a partir do próximo 1 de setembro, desde a oficina situada no estadio ABANCA Balaídos ao portal Escoitamos. A partir de setembro a atención aos abonados realizarase exclusivamente de maneira online coa finalidade de poder ofrecerlles un servizo máis completo, cómodo e áxil a través das canles dixitais do club.

Doutra banda, aqueles afeccionados que adquiriron unha entrada para o partido de LaLiga ante o Villarreal fixado inicialmente para o 14 de marzo en ABANCA Balaídos e que foi aprazado debido á alerta sanitaria xerada polo COVID-19, poderán xestionar o reembolso do importe nas billeteiras do propio estadio presentando a entrada orixinal até o próximo 31 de agosto de luns a venres de 10.00 a 14.00 e 17.00 a 20.00 horas.

O RC Celta quere mandar unha sentida mensaxe de afecto a todos os seus abonados durante estes meses tan complicados.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas