Os primeiros 50 afeccionados que adquiriron algunha das novas camisetas do RC Celta participarán nunha experiencia única o vindeiro martes 5 de xullo. Estes afortunados celtistas exercerán de modelos dos novos equipamentos nunha sesión de fotografía profesional idéntica á que cada ano se realiza cos futbolistas do primeiro equipo. De entre todas as imaxes, o club realizará unha selección que se incluirá nun catálogo oficial da tenda no que afeccionados e xogadores compartirán protagonismo.
O club porase en contacto cos premiados durante os próximos días para informarlles sobre todos os detalles desta sesión de fotografía tan especial. As novas camisetas están á venda na tenda do Celta en Balaídos (L-S | De 10 a 14 e de 17 a 20), na web www.tiendacelta.com e no espazo oficial que o club celeste ten no Corte Inglés de Vigo.